Cáritas, Voluntaria
Pasando por diante das oficinas da parroquia, están voluntarios recollendo bolsas de roupa. Ás veces aparecen na porta ou na mesma igrexa.
Levan as bolsas para un departamento no que, mulleres voluntarias, clasifi-can e ordenan a roupa. Traballan con gusto, levan mandilóns azuis con tarxetas identificativas. Parece unha gran empresa.
Mesmo ao lado, outras voluntarias reparten alimentos. Quero supoñer que os beneficiarios marchan agradecidos.
Pero o máis heroico que vexo está na carpa que Cáritas Interparroquial pon no adro. Voluntarias que pasan frío e humidade recollen alimentos para repartir no Nadal. Temos visto outros anos o Salón Parroquial ateigado de bolsas para un gran número de familias.
Vai aí a xenerosidade dos bergantiñáns e o sacrificio, paciencia, amabilida-de, das voluntarias de Cáritas que atenden a carpa.
Este ano Cáritas lanza a Campaña Bebé. Os nenos son os máis vulnera-bles da sociedade. Leite, pañais, son moi necesarios.
Almas voluntarias temos moitas. Son un don que debemos agradecer a Deus.
Catequistas, visitadoras de enfermos, directivas de Confrarías, directoras do Sto. Rosario…
Que non nos falte o seu exemplo, que teñamos a valentía de seguir as súas iniciativas, e felicitalas por canto fan