O pasado xoves, 14 de xuño, tivo lugar a clausura dos cursos formativos coa entrega de diplomas ao alumnado que rematou a súa formación.
Acudiron ao acto Arturo Parrado Puente, Director Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social, Evencio Ferrero Rodríguez, Alcalde Presidente do Concello de Carballo, Francisca Gómez, Xefa Territorial da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, José García Gondar, cura Párroco de Carballo, Consiliario de Cáritas e Presidente do Centro Social “San Xoán Bautista”, Anuncio Mouriño Rañó, Director de Cáritas Diocesana, Francisco Suarez Calvo, Director de Cáritas Interparroquial, Chicha Calvo Pumpido, Directora de Cáritas Parroquial, Alfonso Mariño Cotelo, Director-Médico do Centro Oncolóxico de Galicia con sede na Coruña, José Antonio Táboas, Capitán da 5ª Compañía de Carballo, Roberto Mosquera, Xefe da Policía Local de Carballo, Aurelio Nuñez Centeno, Diputado autonómico, concelleiros, representantes dos distintos grupos políticos que compoñen o goberno Municipal, responsables do tecido asociativo de Carballo, representantes dos medios de comunicación Radio Voz, Voz de Galicia e Diario de Bergantiños, colaboradores voluntarios, amigos, veciños e participantes nos cursos formativos.
Despois dunha breve oración dirixida polo Director de Caritas Interparroquial Francisco Suarez Calvo, presentouse a Memoria do curso cos eventos máis importantes ao longo do 2017-2018.
Posteriormente foi o turno de intervencións por parte de José García Gondar, Anuncio Mouriño Rañó, Evencio Ferrero, e Arturo Parrado Puente.
Neste acto a Parroquia fíxose unha distinción especial coa entrega de sendas medallas como recoñecemento público pola colaboración prestada ininterrumpidamente ao longo do tempo a D. José Pumar Gándara, sacerdote, polo seu exemplo de entrega e xenerosa disponibilidade ao servizo da parroquia. Ao equipo de veciños e devotos da Milagrosa que, ano tras ano, ofertan á Virxe Milagrosa o traballo das fermosas alfombras elaboradas no seu honor. Recolle a medalla doña Dolores Queijo Pallas coordinadora do equipo. E a José Buño Suárez que desde a súa mocidade colabora coa parroquia e actualmente dirixe o coro de nenos e catequistas facendo da misa dominical unha festa.
Finalmente douse paso á entrega dos Diplomas aos participantes nos cursos formativos de inserción socio laboral organizados polo Centro Social “San Xoán Bautista” financiados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia no marco do II Plan galego de Inclusión Social e cofinanciados polo Fondo Social Europeo e o Concello de Carballo que cede as instalación: Curso de Atención socio sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais no que tamén colabora a Centro de Día de persoas Maiores “Fogar de Bergantiños”. Curso de Axudante de Cociña profesional: Curso realizado en colaboración co Concello de Carballo nas instalacións do Forum. Curso de Axudante de repostería Profesional Curso realizado en colaboración co Concello de Carballo nas instalacións do Forum. Curso de Corte e Confección Maquinista Industrial realizado en colaboración co Concello de Carballo nas instalacións do Taller de Costura.
E a entrega dos Diplomas aos participantes nos cursos formativos de inserción socio laboral organizados polo Centro Social en colaboración con Caritas Diocesana e o Concello de Carballo que cede as instalación: Curso Curso de Atención socio sanitario a persoas dependentes en institucións. Manipulador de alimentos, dous cursos realizados.
Tamén se realizaron cursos de Arte floral, Bordado e costura, Encaixe de bolillos de camariñas nos que os participantes non reciben diploma porque son máis de aprendizaxe para o entretemento e uso individual que para a inserción socio-laboral.